Case 10 millóns de euros para o desdobramento da PO 542

    agustin_hernandez_copy100.jpgPONTEVEDRA> O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presentou esta mañá o proxecto para o desdobramento que dará acceso ó novo Hospital de Montecarrasco.

    {flowplayer}saslnes/ACCESO_HOSPITAL_MONTECARRASCO.flv{/flowplayer}

    No Consello da Xunta de Galicia do próximo xoves aprobarase o inicio do proceso de expropiación do desdobramento da estrada Pino-Bora. Así o anunciou o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Un proxecto co que se pretende, segundo Agustín Hernández crear cidade, un novo eixe de comunicación e dotar de servizos á parroquia de Marcón, en Pontevedra.

    Este proxecto enmárcase dentro do Plan MOVE da Xunta de Galicia e que permitirá ofrecer un acceso amplo e doado ó novo Hospital de Montecarrasco. A obra terá unha lonxitude de 1,34 kilómetros.

    Todo co obxectivo final de que o proceso de expropiación, no que nun principio se verán afectadas dúas vivendas da Parroquia de Marcón, se realice a finais deste ano. No primeiro trimestre do 2011 comezarán as obras cunha duración de entre 12 e quince meses.

    A actuación conta cun investimento total de nove coma sete millóns de euros.

    Redacción Salnés