![]()
VILAGARCÍA> Os veciños da vilagarciá rúa dos Carballos, no Carballiño-Cea, piden axuda ás administracións competentes, tanto á Xunta de Galicia como…
{flowplayer}images/salnes/01032010_denuncia_rubians.flv{/flowplayer}
… ó propio concello de Vilagarcía para que se retire das inmediacións das súas vivendas unhas árbores que ameazan con derrubarse. Cal espada de Damocles estes piñeiros inclínanse cada día máis sobre as súas casas sen que ninguén faga nada por evitalo; unha situación que se volve aínda máis arriscada no verán por mor dos incendios, e no inverno por culpa dos temporais. Este perigo inminente non só lle afecta ós residentes, senón tamén ós nenos que agardan preto de aquí ó bus escolar, e mesmo ós vehículos que transitan por este lugar. Sen ir máis lonxe, a semana pasada a caída dun destes árbores esnaquizou un vehículo cando pasaba por alí; e no pasado mes de setembro outro destes piñeiros afectou ó peche dunha destas vivendas. Fartos de dar volta e ante a impotencia de non ser atendidos ante as administracións, estes veciños acudiron ós medios de comunicación na procura dunha solución antes de que sexa tarde de máis.
Outros efectos temporal
O IES de Tomiño, o CEIP Infante Felipe en Salvaterra do Miño e o CEIP de Nantes en Sanxenxo non tiveron clase durante todo o día.. Xa se está a traballar nos centros para repoñer os danos causados polo temporal Xinthia O caso mais grave é o do colexio de Nantes que sufriu ventos de case cen quilómetros por hora,que ocasionaron a perda de toda a cuberta. A choiva e o vento que aínda persisten, poden causar danos no material e os equipos informáticos do centro, polo que os traballos de reparación, deberán levarse a cabo axiña. A Deputación provincial puxo en marcha un dispositivo de 300 persoas e máis de 80 máquinas e vehículos para atender as incidencias do temporal, amais dos bombeiros dos distintos parques da provincia, en disposición de saída inmediata. O dispositivo tan só tivo que realizar accións de retirada de árbores caídas, tellas, pequenas inundacións e desprendementos de terra.
Redacción Salnés










