Costas conectará o paseo marítimo do Son coa zona de Caveiro

eimilportodoson_020310.jpgPORTO DO SON> O xefe da Demarcación de Costas presentou unha serie de proxectos que vai acometer o Ministerio de Medio Ambiente no municipio.

{flowplayer}barbanza/eimilportodoson.flv{/flowplayer}

Unha das prioridades da Demarcación de Costas en Galicia segue a ser a recuperación da servidume de tránsito e a mellora da accesibilidade ó litoral. De aí, as inversións que ten previsto acometer proximamente en Porto do Son para rexenerar medioambientalmente varias zonas costeiras.

Ampliación do paseo

A primeira das actuacións consistirá na prolongación do paseo marítimo conectando o centro da vila coa zona de Caveiro. Retomarase ademais o proxecto de rexeneración do espazo no que actualmente se ubica o campo de fútbol das Furnas, procedendo á construción dun novo campo nuns terreos que está a negociar o concello coa comunidade de montes.

Sendas peonís

Costas tamén ten en mente a prolongación da senda peonil dende Punta Cabalo ata o Náutico de Portosín. Nesta liña, dende o concello solicitaron que se proxecten novas pasarelas noutras zonas como Porto Nadelas e que se contemple a posibilidade de seguir ampliando o paseo marítimo nun futuro.

O xefe da Demarcación de Costas acolleu con interese as propostas do executivo local co obxectivo de posibilitar de cara ó futuro o percorrido a pé por todo o litoral de Porto do Son.

Redacción Barbanza