Budiño, Soraya, Azúcar Moreno e Roi Casal actuarán nas festas do San Bartolomeu

NOIA> Noia prepárase xa para a celebración das festas patronais do San Bartolomeu.

Os festexos desenvolveranse do 23 ó 27 de agosto.

Catro días de xoldra e diversión, con actividades do máis variado, destacando por riba de todo as actuacións musicais cos concertos no Tapal de Budiño, Soraya, Azúcar Moreno ou Roi Casal.

Este ano decidiu apostarse forte tamén por dous espectáculos de dúas das bandas tributos máis recoñecidas a nivel mundial como son Dire Straits e Michael Jackson.

O edil de Cultura desvelou tamén o nome do pregoeiro, neste caso pregoeira. Será a escultora local Soledad Penalta.

Como é costume as tradicionais verbenas na Alameda non faltarán coas mellores orquestras de Galicia, entre as que se atopa como non podía ser doutro xeito a propia París.

Tamén se celebrarán numerosas actividades para os rapaces co concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, xogos e inchables ou a festa da escuma, sen esquecer tampouco a Festa da Empanada.