![]()
VILAGARCÍA> A Vilagarcía Basket Cup ven de confirmar a presencia de dous novos equipos para o torneo deste ano. Un español, o DKV Joventut de Badalona e outro serbio, o Mega Vizura. Únense a Estudiantes e Zalguiris Kaunas polo que de momento xa son catro os conxuntos que conforman o cartel desta edición.
Por primeira vez na historia da Vilagarcía Basket Cup, o histórico conxunto de Badalona, agora chamado DKV Joventut, participará no torneo, na que será a súa decimoquinta edición. Xunto a eles vaino facer o Mega Vizura, que xogará por segunda vez, xa que hai dous anos fíxoo como o Mega Aquea Monta, deixando unha grata impresión entre os afeccionados.
O Joventut era unha das grandes tentacións da organización nos últimos anos. O club que preside Jordi Villacampa estrenarase por fin na Basket Cup, cun conxunto repleto de xogadores que alternan o equipo ACB co filial que actúa en Leb Prata. O conxunto catalán é o que máis xogadores da canteira utiliza no seu primeiro equipo da ACB. Nos últimos anos falar da súa escola de xogadores é facelo da mellor da España. Non en van, os dous últimos grandes valores do baloncesto nacional saíron da súa canteira e son agora estrelas internacionais: Rudy Fernández e Ricky Rubio.
No caso do Mega Vizura, chega plagado de xóvenes valores da canteira serbia que foron internacionais nas categorías inferiores polo seu país. O conxunto de Belgrado virá a Vilagarcía coa clara intención de levarse o triunfo, despois de quedarse ás portas da final de 2008, tras gañar dous partidos e perder tan só ante o subcampión Khimki.
Mega Vizura e Joventut súmanse deste xeito a Zalgiris Kaunas e Asefa Estudiantes como os catro confirmados para esta edición. A organización quere anunciar esta semana dous equipos máis e pechar así o cartel, unha vez teñen practicamente decidido que serán seis os conxuntos que participen.
Redacción Salnés







