Depor e París Saint Germain confirmados para a AF7

paris250_020310.jpgVILAGARCÍA>Arousa Futbol 7 vai definindo pouco a pouco o cartel para a edición deste ano. Ata o de agora, seis equipos confirmaran a súa presencia no torneo internacional alevín e onte fixérono dous máis: un galego, o Deportivo da Coruña, e un francés e campión en 2007, o París Saint Germain.

Día a día vaise definindo o cartel da Arousa Futbol 7 deste ano e continúa a facelo con clubes de primeiro nivel internacional. Na tarde de onte, os últimos dous en confirmar a súa presencia en Vilagarcía os días 14, 15 e 16 de maio, foron o Depor e o París Saint Germain.

Os coruñeses queren repetir o bo papel feito o ano pasado, no que remataron sextos despois de caer eliminados en cuartos de final. Tentarán mellorar ese resultado.

Os franceses pola súa parte queren recuperar o título que no 2007 foi deles. Sempre parten como favoritos pola gran calidade dos seus xogadores, e sobre todo, polo seu poderío físico. O Saint Germain é por tanto o segundo equipo extranxeiro confirmado, despois do inglés Tottenham Hotspur.

Ademais destes tres equipos, tamén estarán seguro na Lomba o Valencia, Real Madrid, Sevilla, Español e Celta. Polo tanto, a dous meses e medio para o inicio do torneo a metade das prazas correspondentes a equipos convidados xa están cubertas. Quedarían outras oito, que se poderían coñecer nos vindeiros días.

En canto á primeira fase, celebrarase do 1 ó 4 de abril. Nela cxompetirán 80 equipos por catro prazas. Éstas, unidas ós dezaseis conxuntos convidados formarán un cadro final de vinte equipos, e cinco deles serán extranxeiros.

Redacción Salnés