Este domingo San Brais inaugura o circuíto de carreiras en Pontevedra

Pontevedra> Este domingo comezará o circuíto de carreiras de Pontevedra coa Pedestre de San Brais. 6,5 quilómetros de percorrido que partirán do Carrefour e que percorrerán monte e outras zonas do barrio. Os adultos interesados en inscribirse neta primeira proba poderán facelo ata as 23:59 desta noite. 

Dende o concello xa teñen todo listo para dar comezo o Circuíto de Carreiras en Pontevedra. Serán un total de 19 en todo o ano. Un circuíto que se inaugurará este domingo 29 de xaneiro coa carreira pedestre de San Brais. 

Unha carreira que organizan os veciños da zona. 

O percorrido deste ano será igual ao do ano pasado, 6,5 quilómetros de percorrido para os adultos. Iso sí dende a organización xa adiantan que conta con tramos moi duros. 

A proba dos pequenos será no propio Carrefour, na parte baixa do centro e os máis novos poderán inscribirse neste centro comercial o sábado e o propio domingo a primeira hora. Os adultos teñen como data tope esta noite ás 23:59. Dende a organización agardan chegar aos 500 participantes entre as dúas categorías. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/25/san_brais_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/25/san_brais.mp4{/flowplayer}