O Vilalonga vence o Lalín mentras que o Grove perde contra o Verín

En terceira división o Vilalonga camiña con bo paso o gañar en casa o Lalín por dous goles a cero. O plantexamento similar dos dous equipos evitou que os dianteiros tiveran espazos polo que foi un partido moi desputado. En preferente sur o Unión Deportiva O Grove non pudo co Verín que aproveitou o mal xogo dos mecos.

A Terceira División non é un problema para o Vilalonga que nesta xornada volveu a vencer, esta vez , o Lalín. Os de Pablo Díaz levan cinco xornadas puntuando cun xogo incomparable. Este domingo tocoulle sufrir fronte o Lalín, ámbolosdous técnicos plantexaron un partido moi similar con moitos xogadores por detrás do balón e deixando poucos espazos para a dianteira do rival. A primeira mitade foi dominio dos visitantes que estaban esperando a oportunidade de ataque. O primeiro disparo a portería do Vilalonga na segunda mitade foi transformado en gol no minuto oitenta. O segundo tanto foi resultado dunha falta escorada a esquerda da portería visitante. Damián consigui  o gol definitivo.

O unión Sociedade Deportiva de o Grove non pudo marcar na sua propia casa contra o Verín. Os mecos levaron o peso do partido o comezo da primeira parte ainda que  a decisión dos visitantes de xogar a contragolpe logrou o unico tanto do partido. Non houbo xa tempo para que os mecos puderan remontar o partido. Unha mala xornada resultado dun mal xogo. 

Redacción Salnés