Francisco Pérez ‘Katelo’ deixa a presidencia do Rasoeiro BM

rasoeiro250_020310.jpgGROVE> Tras seis anos ó fronte da entidade meca decide deixar o club por motivos laborais. A xunta directiva presentará a súa dimisión irrevocable na asemblea de socios do vindeiro domingo.

O vindeiro domingo día 7 o Club Rasoeiro Balonmán do Grove celebrará a súa asemblea de socios, na casa de cultura Manuel Lueiro Rei. Nela, a actual xunta directiva presentará a súa dimisión irrevocable.

Así o fixo saber o presidente Francisco Pérez Katelo nun comunicado emitido onte. Os motivos que aduce son laborais, que di, non lle permitirán a partir de agora adicarlle o tempo necesario ó club.

Polo tanto, despois de seis anos ó fronte do Rasoeiro, Katelo deixará a presidencia antes de que remate o seu mandato.

Dende a directiva fíxose un chamamento a tódolos socios para que fagan un esforzo, acudan á asemblea e sexa nomeada canto antes unha nova xunta directiva para evitar así un baleiro de poder que perxudicaría á entidade. O domingo abrirase o proceso electoral coa presentación de candidaturas.

Redacción Salnés