Fexdega pide ó Concello 35.000€ polo aluguer das instalacións

basket250_050310.jpgVILAGARCÍA> Novo capítulo en torno á Vilagarcía Basket Cup. Hoxe falou o concello, a través da súa representante no padroado de Fexdega, Rosa Abuín, edil de Promoción Económica, e solicitou a convocatoria urxente do máximo órgano de decisión do ente feiral para debater o futuro da Vilagarcía Basket Cup. A solicitude ten que ver coa intención da xerencia de Fexdega de cobrar 35.000 euros ó Concello polo uso das instalacións nese torneo.

{flowplayer}images/salnes/basketcup_040310.flv{/flowplayer} 

Trala chamada de socorro da organización da Vilagarcía Basket Cup, o concello acudiu ó seu auxilio. Comprometeuse a subvencionar e coorganizar o torneo coa condición de que se seguise a celebrar en Fexdega para non impedir o crecemento imparable do evento. Pero agora o obstáculo é outro. O ente feiral pide que o concello pague 35.000 euros polo aluguer das instalacións, algo que non se entende dende Ravella.

Rosa Abuín exixíu hoxe que á Xunta convoque ó Padroado de Fexdega para debater este tema. O concello só accederá a facelo no recinto feiral se é a custe cero. A decisión terana que tomar nese padroado formado por os tres representantes da propia Xunta, tres do concello, outros tres da Cámara de Comercio e un máis do patrocinador principal, Caixanova. 

O que si asegurou Rosa Abuín é que a celebración da Basket Cup non corre perigo. Con todo, volver a Fontecarmoa significaría un freo para o crecemento deste evento deportivo internacional e o desenvolvemento económico de Vilagarcía .

Redacción Salnés