![]()
RIBADUMIA> O Concello de Ribadumia asinará un convenio con Augas de Galicia para ampliar a rede de saneamento na parroquia de Lois.
{flowplayer}images/salnes/pleno_ribadumia_050310.flv{/flowplayer}
RIBADUMIA> O Concello de Ribadumia asinará un convenio con Augas de Galicia para ampliar a rede de saneamento na parroquia de Lois, cun investimento duns 394.000 euros, que financiaría ó cen por cento o ente autonómico.
O pleno deu onte á noite o seu visto bo a este acordo que permitirá ampliar a rede ós lugares de Medoña e Casal e bombear todo o saneamento da parroquia ata a depuradora de Aldea do Monte, que ten capacidade para 800 vivendas. Aprobado o convenio, o proxecto ha de estar a exposición pública 20 días.
O pleno tamén aprobou onte o prego de cláusulas para contratar as obras de integración do paseo fluvial no núcleo urbano de Barrantes, que sae a licitación cun presuposto de preto de 350 mil euros. A adxudicación farase por procedemento aberto e trámite de urxencia, valorando, entre outras melloras, a contratación de desempregados. As obras han de executarse antes de que remate este ano.
Na sesión de onte á noite debateuse a desafectación do antigo preescolar de Barrantes, onde se atopa Protección Civil, a Aula de Acollida e a Escola de Ocio e Tempo Libre. Ademais, aprobouse o convenio co Arcebispado de Santiago para dispor de terreo para o tanatorio municipal.
Redacción Salnés






