O BNG reparte entre os veciños un boletín sobre o Plan do Litoral

    victor_bng100.jpgCAMBADOS> O BNG repartirá entre os veciños un boletín informativo sobre o Plan de Ordenación do Litoral proposto pola Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/bng_cambados_050310.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Un breve texto explicando a postura do BNG acerca do Plan de Ordenación do Litoral e planos onde se ven as zonas nas que non se podería edificar e nas que si. Isto é que publican os nacionalistas de Cambados nun boletín informativo que repartirán desde hoxe ós veciños afectados por este planeamento proposto pola Xunta.

    O BNG considera que debía ser o Concello quen dese información pero cre que o goberno local non ten interese. Para o BNG cambadés o POL é unha acumulación de erros e cre que o goberno da Xunta o fixo con presa e sen coñecer a realidade galega.

    Víctor Caamaño lembra que en Cambados levan dez anos preparando o PXOM. Arestora o planeamento municipal réxese por unhas Normas Subsidiarias que xa chocan co Plan do Litoral. O BNG afirma que o POL considera áreas de mellora paisaxística e polo tanto non permite edificacións novas, cando nas normas municipais se consideran urbanizables. Os nacionalistas cambadeses indican que presentarán alegacións ó POL.

    Redacción Salnés