CALDAS> Os empresario da provincia de Pontevedra menores de 41 anos poderán optar aos premios xove empresario que concede AJE. Nesta vixésimo cuarta edición entregaranse dous galardóns principais e tres accésist. Os seleccionados coñeceranse o día 31 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra volverá a premiar aos mellores empresarios mozos da súa provincia. Neste 2019 celebran a vixésimo cuarta edición dos seus galardóns. O obxectivo é apoiar, potenciar e difundir a iniciativa dos empresarios menores de 41 anos. O premio divídese en dúas categorías principais dependendo de si a empresa ten máis ou menos de dous anos.
AJE tamén entregará tres accésits como recoñecemento a innovación, á creación de emprego e a responsabilidade empresarial.
A presentación tivo lugar en Caldas. O alcalde da vila felicitou a asociación por contribuír a potenciar o asociacionismo e a poñer en valor a actividade empresarial.
Os gañadores coñeceranse na gala que terá lugar o 31 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Ademais deste premios entregarase outro honorífico a un empresario da provincia que revelarán o propio día.