CAMBADOS>Merchi Álvarez regresa de Corea con melloras significativas grazas ao tratamento experimental que recibiu para loitar contra a Ame. A cambadesa comeza a mover as mans e os brazos e a gañar autonomía. Afirma estar de marabilla e a súa evolución marcará os prazos para continuar co tratamento.
Despois de moitos anos loitando contra a Ame, Merchi Álavarez atopou en Corea un tratamento que podía axudar a frear o avance da súa enfermidade. Despois de máis de dous meses no país asiático, a cambadesa regresa con melloras notables na súa saúde.
Os primeiros cambios que notou foi na súa enerxía.
As melloras físicas nótanse especialmente nos seus brazos e pernas.
Estas melloras na mobilidade permiten a Merchi gañar autonomía e calidade de vida.
A evolución de Merchi nas vindeiras datas marcará o prazo para continuar co tratamento. A cambadesa agarda, que vendo os avances, as administracións a axude nas seguintes citas. Agora Merchi comezará a realizar actividades para gañar músculo, tanto cun fisioterapeuta como pola súa propia conta na piscina.