MEIS> Todo a punto en Meis para a segunda edición de Meus Viños. O Concello recupera este ano esta feira vitivinícola que nacera no 2019 para promocionar os viños da localidade. Nesta edición, aínda marcada pola covid, participarán cinco adegas que darán a coñece-los seus produtos con distintas actividades.
Esta imaxe do 2019 tampouco se vai repetir este ano en Meis, aínda que ganas non faltan. Desta volta, Meus Viños rexurde dun xeito descafeinado, para manter viva a súa esencia mentres a covid non permita grandes aglomeracións. O evento será este vindeiro sábado.
Polo de agora, o concello aposta por eventos simbólicos, que sirvan tamén para promociona-los viños con orixe meisina.
O concerto servirá tamén para a posta en marcha do novo espazo cultural do mercado de abastos. Será un evento no que a música e o viño vaian da man.
A ese acto asistirá tamén a presidenta da Deputación de Pontevedra, deputados provincias e tamén representantes políticos doutros concellos da contorna. Non haberá, como hai dous anos, brinde multitudinario, pero si moitas ganas de presumir do viño e da calidade das adegas meisinas.