A madeira da Estación Marítima recibe o seu primeiro lavado de cara

    VILANOVA> O Presidente de Portos de Galicia visitou Vilanova esta mañá. José Juan Durán tomou parte dun acto divulgativo organizado polo Centro de Investigación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira, o coñecido como CIS Madeira, sobre os coidados específicos que require a Estación Marítima da vila. Trátase do primeiro edificio construído en España empregando madeira acetilada como principal material. O uso de madeira acetilada no exterior supón un valor engadido para o edificio portuario dado que outro tipo de madeira non sería válida ao non resistir os efectos da proximidade do mar. A empresa encargada dos acabados deu unha garantía do producto por cinco anos, e hoxe, ano e medio despois da súa inauguración, déuselle un primeiro lavado de cara que serve tamén para conservar o material. Deste tratamento especializado da madeira acetilada encargarase no futuro Portos de Galicia polo que os profesionais que o levarán á practica participaron hoxe tamén no acto do CIS-Madeira, para adquirir a formación requerida. José Juan Durán recalcou que deste xeito Portos de Galicia ratifica o seu compromiso co impulso á construción portuaria sustentable dende o punto de vista ambiental. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/madeira600_301013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/madeira_301013.mp4{/flowplayer}