Os cambios na canalización das augas fai temer asolagamentos en O Couto

    CAMBADOS> A nova canalización das augas das fincas preocupa aos veciños de O Couto, en Cambados. As obras nunha estrada da zona desviaron varios desaugues, que agora se concentran nun único. Os veciños temen que a acumulación de auga acabe inundando os terreos e plantacións do entorno, e reclaman ao concello que tome medidas.

     

    O futuro das súas fincas e plantacións preocupa aos veciños dunha zona de O Couto de Abaixo, en Cambados. As obras dunha estrada obrigaron a desviar as canalizacións das augas que se acumulan das fincas e das chuvias, co risco de provocar asolagamentos nos terreos do entorno.

    Os veciños están descontentos coa xestión do concello. Aseguran que esta solución non era a comprometida co goberno local, que nun primeiro momento acordara que as augas se desviarían cara outra finca e cara a praia, para evitar que todas remataran canalizadas por unha mesma zona.

    Por iso reclaman ao concello cambadés que actúe para evitar os asolagamentos. 

    Denuncian, ademais, que a pesares de varios intentos non foron capaces de contactar co goberno local.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/protesta_vecinos_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/protesta_vecinos_cambados.mp4{/flowplayer}