As parroquias de Ribeira acollerán cursos de manexo de aplicación móbiles para adultos

RIBEIRA> Ribeira promove cursos para o manexo de aplicacións móbiles dirixidos a persoas maiores. Serán de balde e desenvolveranse polas distintas parroquias, en grupos de entre 8 e 12 persoas.

Co obxectivo de mellorar a capacitación dixital dos adultos e afondar no manexo das aplicacións móbiles que permiten realizar distintas operacións e trámites en liña, o concello de Ribeira organizará cursos en tódalas parroquias do municipio. Estarán impartidos pola asociación Cibervoluntarios grazas a un convenio co Ministerio.

As primeira sesións terán lugar esta mesma semana en Corrubedo e continuarán ata maio polas distintas parroquias nunha primeira rolda x que está previsto darlle continuidade en novas edicións.

A matrícula é de balde pero é preciso inscribirse previamente no teléfono 981 87 60 43 ou a través do enderezo electrónico cemit.ribeira@xunta.gal.