Os alumnos do colexio Deán Grande terán un mestre máis

    deangrande.jpgRIBEIRA> A xefa territoral de Educación, Teresa Villaverde adquiriu este compromiso tras unha xuntanza cun grupo de pais e nais de alumnos.

    Tras semanas na procura de que a Consellería de Educación atendera a súa petición, e varios intentos fracasados, desta volta, a vintena de alumnos de Deán Grande en Ribeira poderán contar cun mestre de apoio que acudirá ó centro media xornada.

    {flowplayer}barbanza/paisdean.flv{/flowplayer}

    Remata así a loita emprendida por estes pais, que levaron unha desagradable sorpresa ó inicio do curso ó comprobar que os seus fillos, de entre tres e cinco anos, estarían atendidos únicamente por unha mestra. Malia que os pais solicitaban outro profesor titular, esta solución aportada pola xefa territoral de Educación, Teresa Villaverde tamén os comprace.

    Agradecementos

    Os proxenitores agradeceron o apoio e os contactos realizados por parte do alcalde, Xosé Luis Torres Colomer cas autoridades educativas. Tamén lle deron as gracias á edil de IPDR, Rosa García polo seu asesoramento.

    Con todo, estes pais non teñen a intención de renunciar a que o vindeiro curso o Deán Grande conte outra vez con dous mestres titulados dado que cren que hai demanda suficiente de alumnos. Ademáis, esixirán que o próximo ano se aumenten o número de matrículas porque hai aulas no centro para acoller a máis cativos. Agora agardan que o novo docente se incorpore as clases do centro o antes posible.

    Redacción Barbanza