Os prezos soben menos ca nunca nas prazas nesta Noiteboa

    O GROVE> Os prezos nas Prazas de Abastos das Rías Baixas case non se incrementaron neste Nadal.

    {flowplayer}images/salnes/compras_praza_nadal.flv{/flowplayer}

    A diferencia de calquera outro ano anterior, a crise fixo que o custe dos alimentos non subise demasiado nesta última semana, co que os que non adiantaron as súas compras non tiveron porque gastar moito máis por consumir productos frescos.

    Na Praza de Abastos do Grove, como en calquera de porto de mar, os productos estrela de hoxe foron os mariscos, seguidos do peixe da ría. Con todo a crise deixouse notar neste sector, no senso en que os peixes e mariscos frescos perderon compradores en beneficio doutros productos substitutivos.

    Estes productos substitutivos eliminaron tamén o costume pouco estendida na comarca de mercar tempo antes para conxelar.

    Para acompañar o peixe non faltan as verduras frescas de calidade; especialmente preparadas co bacallao ou en guarnicións.

    Estas verduras ben nos poden valer para adornar ou mesmo acompañar os entrantes ou o último prato forte de carne co que xa rematamos definitivamente de encher o bandullo dos máis voraces. E de sobremesa, amais dos doces típicos destas datas, non pode faltar unha froita fresca que suavice o estómago de tanto exceso.

    E é que a crise vai a ter que esperar ata o mércores porque nas mesas galegas non vai a quedar sitio para ela estes dous días entre tantos xantares.

    Redacción Salnés