CCOO vai realizar unhas xornadas de debate sobre o pensionazo

    ccoo_por_pensionazo100.jpgVILAGARCÍA> Trátase dunha xornadas abertas a todo o público, nas que se exporán os efectos do decreto que ampliará a xubilación ós 67 anos.

    {flowplayer}images/salnes/CCOO_POR_PENSIONAZOok.flv{/flowplayer}

    O próximo mércores dúas importantes figuras de Comisións Obreiras, Xan María Castro e Manuel Lago, ofrecerán un debate no que se van tratar as consecuencias do pensionazo e as esixencias que se van presentar ó presidente do goberno. Dende o sindicato afírmase que Zapatero está a mandar mensaxes preocupantes, cando o sistema de pensións está a ter superávit pero que necesita o apoio laboral dos máis de 4 millóns de parados.

    Ramón Bueno sinalou que, dende o executivo, estase a apoiar un sistema económico que está a producir unha grande crise, baixo os intereses da banca.

     Deste xeito, dende Comisións Obreiras sentencian que non se vai consentir que a CEOE e o seu presidente, Gerardo Díaz Ferrán, de leccións de como se debe recortar os dereitos dos traballadores, para fomentar os plans de pensións privados.

    Os membros do sindicato afirman que están preparados para negociar co goberno, pero que se é necesario chegarase a unha folga xeral.

     Redacción Salnés