A veciñanza do Salnés opina sobre o adianto das eleccións autonómicas

SALNÉS> As vindeiras eleccións terán lugar o vindeiro 5 de Abril. Os comicios se adiantan a dentro de tan só dous meses. Unha convocatoria anunciada polo presidente da Xunta e que xera diferentes opinións entre a veciñanza da contorna.

Os galegos volveremos ás urnas o vindeiro 5 de abril. Esa é a data escollida polo presidente da Xunta de Galicia para realizar os próximos comicios autonómicos. Unha convocatoria que chega 5 meses antes do tempo máximo que Feijoo tiña para alargar a lexislatura. Unha data que xera contrastes entre a veciñanza da contorna.

Feijoo busca nestas eleccións a súa cuarta lexislatura. Uns comicios nos que poden afectar as eleccións xerais e municipais do pasado ano.

Sexa cal sexa a eleccións dos galegos. Os salnesáns teñen claro en que debe comezar a traballar o novo goberno autonómico.

Nas últimas eleccións o PP conseguiu a maioría con 41 escanos seguido de Marea con 15, PSdeG con 14 e BNG con 6. Haberá que agardar ao 5 de abril, domingo de ramos, para coñecer como queda a nova lexislatura da comunidade da galega.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí