O CEIP Castrelo organiza unhas xornadas de educación viaria

    seguridade_viaria_castrelo100_170309.jpgCAMBADOS> Os alumnos do colexio Castrelo participaron esta semana nunhas xornadas de educación viaria.

    {flowplayer}images/salnes/SEGURIDADE_VIARIA_CASTRELO.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Os alumnos do colexio Castrelo de Cambados participaron esta semana nunhas xornadas de educación viaria.

    Logo dunha charla, os rapaces puideron por en práctica eses coñecementos nun circuíto montado no pavillón do centro, adquirindo o rol de condutor pero tamén o de peón. O centro levou a cabo esta actividade coa colaboración da ANPA e do Concello.

    O obxectivo é que os rapaces adquiran nocións básicas sobre os sinais de tráfico para moverse con máis seguridade pola estrada. Os rapaces demostraron a súa habilidade ó volante inda que a algún lle farían falta máis prácticas. Nestas xornadas os rapaces tamén contaron coa presenza da Policía Local.

    Redacción Salnés