O BNG de Ribeira critica os orzamentos da Xunta tras rexeitar as súas emendas

RIBEIRA> O BNG de Ribeira criticou duramente os orzamentos da Xunta por deixar fora proxectos estratéxicos e servizos básicos para o municipio. Entre eles, a falla de investimento para o futuro polígono industrial, a residencia ou unha segunda escola infantil.

Os nacionalistas de Ribeira fixeron unha valoración moi negativa dos orzamentos autonómicos no que respecta ós investimentos previstos no municipio, tras rexeitar as emendas presentadas polo BNG.

Botaron en contra de propostas como a dotación de médico nos centros de saúde de Aguiño e Ribeira ou reformas en centros educativos como o CEIP de Olveira e O Grupo. En materia social, botan de menos tamén partidas para poñer en marcha proxectos tan importantes para a veciñanza como a residencia ou a segunda escola infantil.

Dende o BNG critican tamén o rexeitamento das emendas propostas para o mantemeno do porto, a revitalización do parque natural de Corrubedo ou o pulo definitivo ó polígono industrial.

O voceiro nacionalista criticou tamén á actual rexedora á que acusa de poñerse do lado do partido en lugar de defender os intereses dos veciños.