Ribeira destinará outra partida de 100000 euros para dinamizar o comercio local

RIBEIRA> O concello segue a facer unha forte aposta pola dinamización do comercio local. O obxectivo levará a pleno unha proposta de modificación orzamentaria orientada a dedicar cen mil euros a unha campaña de descontos que se poría en marcha despois do Nadal.

A proposta do executivo municipal consiste en destinar unha partida de cen mil euros a sufragar o vinte e cinco por cento das compras realizadas no comercio local que sería asumido directamente polo concello. Deste xeito, ademais de colaborar coa economía das familias contribuiríase a dinamizar notablemente os establecementos do municipio co compras que alcanzarán un importe global de catrocentos mil euros. Trátase dunha iniciativa plantexada en colaboración coa Asociación de Empresarios prevista para despois da campaña de Nadal. Será debatida en pleno o próximo luns.

Este plan súmase ás numerosas liñas de axuda que puxo en marcha o concello ribeirense para paliar os efectos económicos da pandemia. Entre eles, o PEL Reactiva que vén de finalizar o prazo de presentación de solicitudes. Foron un total de 378 as instancias presentadas a esta convocatoria destinada a autónomos e pequenas empresas dotada con preto de seiscentos mil euros.

Por outra banda, as empresas hostaleiras e turísticas do municipio veranse beneficiados pola exención no canon da auga dende o 5 de novembro sempre que os consumos sexan inferiores ó 25 % do período de facturación anterior. Destacan outras medidas de apoio ó comercio como o Plan Innova Formación ou o lanzamento da plataforma ‘Ribeira Store’ que ofrece dende hoxe e ata o domingo numerosos descontos con motivo do Black Friday.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí