O campo de fútbol da Silva contará con novos vestiarios

LOUSAME> O campo de fútbol da Silva de Lousame contará con novos vestiarios ó longo deste ano. O concello presentou á Xunta un proxecto por valor de preto de 200 mil euros para contar con estas instalacións posto que , na actualidade, os usuarios do campo teñen que  utilizar os vestiarios do polideportivo.

A alcaldesa de Lousame realizou as xestións oportunas ante a Secretaría Xeral para o Deporte co fin de conseguir o financiamento necesario para dotar ó campo de fútbol da Silva de vestiarios. Este proxecto, cun orzamento próximo ós 200 mil euros, virase sumar ás melloras acometidas ó longo de toda a lexislatura en infraestruturas deportivas; a maior parte no polideportivo da Silva.

De cara a este ano, o concello actuará no exterior do pavillón coa limpeza e pintado das fachadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí