Notable incremento dos casos activos por covid na área sanitaria Santiago-Barbanza

BARBANZA> O último balance de datos facilitado dende o Sergas sitúa a cifra de contaxios nos 383, 20 casos máis ca onte. Sobe tamén a presión hospitalaria. Hoxe son un total de 30 as persoas ingresadas, 25 en planta convencional e 5 na unidade de críticos.

Ribeira segue a encabezar a cifra de contaxios nesta zona con 47, 3 máis ca onte. Noia mantense hoxe nos 15, a mesma cifra da xornada anterior. O resto de municipios desta área continúan na franxa de 1 a 9 positivos a catorce días. É o caso de Boiro, Muros, Porto do Son, Rianxo, Outes e Pobra do Caramiñal. Lousame segue na lista de concellos nos que non se diagnosticaron casos activos na última semana ou 14 días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí