Atracan a man armada o banco Santander de Meis

MEIS> Atracan a man armada o banco Santader de Meis. Un home tapado cunha máscara e unhas gafas entrou na sucursual ameazando coa pistola aos empregados para que lle entregasen os cartos. O varón conseguiu fuxir co seu botín.

O normal funcionamento do banco santander de Mosteiro viuse alterado por un suceso máis próximo a unha película que a un concello con índices tan baixos de delincuencia como o de Meis. ao redo das 12 do medio día, un home tapado cunhas gafas de sol e un máscara entrou á sucursal pistola en man ameazando aos empregados e pedídondelle o cartos. Segundo a Garda Civil, trátase dun varón de idade indeterminada e non se pode saber con certeza se a arma que portaba era real ou simulada. Tras uns minutos de moita tensión, o home conseguiu fuxir da sucursal levándose o seu botín.

Momentos despois da fuxida chegaban ata o lugar diferentes patrullas da garda civil de Cambados. os axentes atenderon ás persoas que se atopaban no interior para calmalas polo medo e a tensión sufrida pola situación vivida. No lugar os axentes comezaron coas investigacións para intentar identificar ao culpable, recollendo pegadas no interior do banco,  e para certificar a contía do roubado. O suceso aconteceu con tanta rapidez que ninguén dos establecementos próximos ao banco decatouse do atraco.

Este non é o primeiro atraco a man armada que se da na contorna. Hai dous días uns atracadores entraron a punta de pistola nunha farmacia de Baión en Vilanova de Arousa e a semana pasada foi unha gasolineira de Caldas a que sufriu un intento de atraco.

A garda civil continúa coas investigacións e ao longo do día se despregaron varios controis pola comarca para intentar identificar e interceptar ao atracador.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí