Martín Códax, sede do Foro Mundical de Cooperativas Vitivinícolas

CAMBADOS> A adega Martín Códax é estes días sede do Foro Mundial de Cooperativas Vitivinícolas. Trátase do evento máis importante a nivel mundical para o sectore vitivinícola. Un espazo no que se debate arredor do modelo económico, social e colaborativo das cooperativas.

Establécese como un punto para o encontro e o debate, contando coa implicación de importantes representantes de proxectos pertencentes a algunhas das rexións vitvinícolas máis importantes do mundo. De feito, neste Foro, que celebrou hoxe a súa terceira e derradeira xornada, déronse cita prexectos cooperativos de América, Oceania e Europa, entre elas, a anfitrioa Martín Códax. Entre eles, por exemplo, de Chile, A Arxentina, O Uruguai ou Italia, contando tamén con produtores de distintos puntos de España.

Para os organizadores, a cita é tamén un bo escaparate para dar a coñecer o xeito no que se traballa aquí, ao tempo que toman boa nota doutras formas de enterder o sector noutras partes do mundo.