RIBEIRA> A Conselleira de Medio Ambiente desprazouse esta mañá ata Ribeira para supervisar os traballos de mantemento que está a executar Augas de Galicia no río Arlés. Ademais da retirada de árbores caídas nas canle fluvial os operarios traballan na limpeza das marxes e eliminación de especies invasoras.
Dende onte, técnicos de Augas de Galicia traballan en varios treitos do río Arlés en Ribeira para liberar o cauce e permitir o libre discorrer das augas. Céntranse fundamentalmente na retirada de troncos e ramas caídas na canle fluvial, a limpeza das marxes, o control de especies exóticas invasoras e a eliminación doutros obstáculos. Trátase dun tramo de aproximadamente 900 metros entre as parroquias de Olveira e Artes e prevese que as actuacións se prolonguen uns 20 días.
No que vai de ano, a Xunta leva realziadas 70 actuación de conservación ó longo de máis de 150 quilómetros de río, cun investimento superior ó millón de euros.
Os traballos enmárcanse no Plan Anual de Conservación Fluvial de Augas de Galicia. O obxectivo é recuperar o bo estado dos ríos e minimizar o risco de asolagamento sen alterar o ecosistema.











