Diego Calvo visita as novas dependencias do colexio de Cespón

    visitaceipcespon_100_170310.jpgBOIRO> O delegado territorial da Xunta na Coruña visitou ó CEIP de Cespón para comproba-lo estado das obras levadas a cabo no centro educativo.

    {flowplayer}barbanza/visitaceipcespon.flv{/flowplayer}

    Despois de que no día de onte se fixera efectivo o traslado dos 33 alumnos das unitarias de Vilariño, Sar e Ferreiros ó colexio de Cespón, unha vez rematados os traballos de acondicionamento de varias aulas para poder acoller ós cativos, esta mañá unha representación de autoridades, entre as que se atopaban o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo, estiveron visitando o recinto educativo no que se investiron máis de 200 mil euros.

    As obras consisitiron basicamente no acondionamento da planta de semisoto do colexio, onde se habilitaron tres aulas, unha sala de profesores e se construiron tamén novos aseos. Ademais tamén se acondicionou a parte da superficie que se empregaba como patio cuberto, onde se fixo un pequeño soportal e unha nova zona de xogos para os pequenos.

    Adaptación

    O director do colexio, Xoán Castaño, referiuse á boa adaptación dos cativos ás novas aulas.

    No acto tamén estivo presente o alcalde, Xosé Deira, que agradeceu a rápida resposta de Educación para solucionar este problema que dende hai tempo viñan reclamando os pais debido ó mal estado e a falla de espazo nas unitarias.

    Educación non descarta tampouco que nos próximos días se trasladen tamén a este centro educativo os alumnos de infantil de Bealo. Todo dependerá da decisión dos pais, tal e como explicou a xefa territorial deste departamento, Teresa Villaverde.

    Redacción Barbanza