M.X.Alfonso: ‘Se de min depende, Caridad González non será alcaldesa de Muros’

MUROS> CxG Muros agardará á asamblea do partido prevista para mañá sábado para dar a coñecer a súa postura de cara a posibles acordos con outras formacións. Aínda así, parece improbable un acordo cos socialistas, xa que de todos é sabido as discrepancias que manteñen con esta formación.

A alcaldesa en funcións e candidata de CxG, María Xosé Alfonso, asegurou que esperarán á xuntanza do partido que terá lugar esta próxima fin de semana para tomar unha decisión e valorar as posibilidades que hai. Aínda así as desavinzas existentes co Partido Socialista, especialmente coa súa candidata, Caidad González, que foron a máis durante o actual mandato,  fan improbable un acordo entre as dúas formacións.

María Xosé Alfonso tampouco descarta seguir como ata o de agora, que a súa formación siga gobernando en minoría, cunha situación no Concello moito máis favorable que hai catro anos.