![]()
VILAGARCÍA> O BNG considera inxusto e arbitrario o Plan de Ordenación do Litoral que pretende aprobar a Xunta de Galicia.
{flowplayer}images/salnes/bng_plan_litoral.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> O BNG considera inxusto e arbitrario o Plan de Ordenación do Litoral que pretende aprobar a Xunta de Galicia.
Só no que se refire a vivendas xa construídas, os nacionalistas calculan que o POL afectará a unhas cincuenta mil en toda Galicia. Pero advirten que non se protexen as zonas de litoral onde están asentadas industrias ou recheos portuarios.
O portavoz nacional do BNG achegouse hoxe a Vilagarcía para anunciar que esta formación desenvolverá diversos actos informativos para explicar o plan ós cidadáns e dar a coñecer a súa posición. Os nacionalistas critican o escurantismo e a rapidez coa que a Xunta pretende sacar adiante o POL, e lamenta que os populares non teñan agora tanto interese en dar información como cando criticaban a Lei dos 500 metros do bipartito.
O BNG do Salnés advirte que a comarca do Salnés está especialmente afectada polo POL, sobre todo núcleos de poboación xa asentados na costa como Vilaxoán, O Grove, A Illa, Tragobe ou Carril.
Redacción Salnés







