O Consorcio dá un ultimátum ó proceso pola compra de Alfageme

    rosa_abuin copia100.jpgSALNÉS> Se o 30 de outubro non se pecha a compra, o grupo retirará a súa oferta. A CIG xa anunciou que a partires do 1 dese mes retomará as mobilizacións.

    {flowplayer}images/salnes/CONSORCIO_ALFAGEME_2011.flv{/flowplayer}

    O recurso xa fora presentado polos antigos propietarios da conserveira o día 7 de xuño. Sen embargo, máis de tres meses despois continúa pendente de resolución.

    Segundo a CIG, o recurso chegaría mañá á Audiencia Provincial. A partires de aí, o prazo para resolvelo sería de entre 15 e 20 días. Un proceso que a plataforma sindical busca acelerar mediante a mobilización das traballadoras.

    Xa hai case un ano que o grupo cántabro El Consorcio presentara a súa oferta polas plantas de Ribadumia e Vilaxoán de Alfageme, un proxecto que se recoñeceu como o único viable e que contou co visto bo de administración, sindicatos e plantilla. Agora, os traballadores esixen unha solución definitiva.

    Dende a CIG tamén retomarán os contactos coa Xunta, coa intención de que o ente autonómico procure axilizar o proceso e evitar así que se retire o único proxecto de futuro posible para Alfageme.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.