O Parlamento apoia a busca de terreos alternativos para o centro de saúde

    centro_saude100.jpgSANTIAGO> O debate sobre o mellor emprazamento para un novo centro de saúde en Vilagarcía trasladouse onte ó Parlamento de Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/centro_saude8.flv{/flowplayer}

    SANTIAGO> O debate sobre o mellor emprazamento para un novo centro de saúde en Vilagarcía trasladouse onte ó Parlamento de Galicia.

    A Comisión de Sanidade aprobou por unanimidade unha iniciativa defendida polo deputado socialista Modesto Pose na que se insta á Xunta a reiterar a vixencia do protocolo asinado pola anterior Consellería de Sanidade coa Autoridade Portuaria para situar o novo centro nos terreos da Comandancia de Mariña. Se embargo, a esta iniciativa engadíuselle unha emenda do PP para que se tivera en conta o acordo acadado por maioría no pleno do Concello de estudar outros emprazamentos alternativos.

    A deputada popular Marta Rodríguez propuxo esta emenda xa que entendía que a proposta do PSOE contradicía o aprobado pola corporación vilagarciá. O PP lembra que a Oficina Técnica do Concello está a elaborar un informe avaliando as posibles opcións de terreos dispoñibles para escoller a máis axeitada.

    O socialista Modesto Pose defendeu a parcela da Comandancia como o mellor espazo imaxinable xa que pode albergar un centro de saúde con tódolos servizos complementarios necesarios. Insistiu en que daría solución á situación do Centro de Saúde de San Roque, situado nun emprazamento inadecuado, sen posibilidades espaciais, sen aparcamentos e absolutamente saturado.

    Redacción Salnés