A náutica enriquece a oferta turística das Rías Baixas

VILAGARCÍA> O verán soe traer consigo boas temperaturas e tempo de lecer para aqueles que están de vacacións. Unha das opcións que ofrecen os municipios costeiros, como o de Vilagarcía, teñen que ver coa náutica recreativa. Sen dúbida unha excelente escusa para frecuentar as nosas costas os 365 días do ano.
A labor de promoción que se está desenrolando dende os diferentes organismos autonómicos e entidades nacionais e internacionais para promocionar a náutica galega, parece que comeza a espertar a curiosidade de todos aqueles que participan do sector e que aínda non coñecen as rías galegas.
Despois de varios anos complicados para o sector, tal e como sinala o presidente de “Marina Vilagarcía”, na actualidade estase a notar un pequeno repunte en canto a venta de barcos.
Os portos deportivos teñen como primeiro usuario a aqueles que viven cerca das instalacións, aínda que José Manuel Teijido, sinala que a “Marina Vilagarcía”, presenta diferentes vantaxes para todos aqueles que gusten da práctica da náutica.
Boas impresións, unha notable promoción e moito que ofrecer, así se podería evaluar o estado da náutica recreativa na actualidade, así que xa saben… se non saben onde amarrar a súa embarcación os portos deportivos galegos en xeral, e en concreto este de Vilagarcía, son unha excelente opción a valorar.