Meaño, máis que nunca o corazón do Salnés

MEAÑO> Meaño adiántase a Vigo no acendido da iluminación de Nadal. Na praza nova de Dena xa loce un novidoso ‘Corazón do Salnés’, unha estrutura luminosa que pretende lanzar unha mensaxe de ilusión nestes tempos complicados. O corazón serve de adianto ó acendido do resto de luces, previsto para finais deste mes.

Máis que nunca, Meaño é o corazón do Salnés. Na praza nova de Dena loce xa esta singular estrutura.

O resultado é este: un xigante corazón sobre unha estrela de 7 puntas, unha por cada parroquia meañesa. E sen pretendelo, o Concello mesmo se adiantou a Vigo no acendido de Nadal.

O resto do alumeado acenderase a finais deste mes, mantendo o orzamento do ano anterior, entorno a 14.000 euros.

Porque, entenden dende o Concello, o alumeado non só serve para alegrar un pouco as rúas, senón que anima as compras no comercio local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí