Amigos de Galicia carga a axuda para Haití

    haiti100.jpgVILAGARCÍA> Haití non deixa de ser noticia. Amigos de Galicia, ten moi presente o desastre e cargou esta mañá dous contedores de barco.

    {flowplayer}images/salnes/axuda_haiti.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Haití non deixa de ser noticia. Amigos de Galicia, ten moi presente o desastre e cargou esta mañá dous contedores de barco.

    Pasta, patacas, legumes, pero tamén tarteiras e utensilios de labranza, forma parte deste primeiro cargamento. O vindeiro venres sairá en barco desde o Porto de Vigo ata Haití, este primeiro envío da Fundación Amigos de Galicia. Concretamente van para o campamento Petionville Country Club, en Puerto Príncipe, un dos campamentos da ONU, xestionado por Cáritas.

    Amigos de Galicia xa está a traballar na recolecta para un segundo envío que consistirá en utensilios de labranza, tendas de campaña, menciñas e plásticos especiais para remendar tellados. Estas, son as demandas dos cincuenta mil habitantes do campamento.

    Amais das doazóns dos socios e achegas especiais, empresas galegas colaboraron no custe do envío, Selmark, Frinsa, Coren, Gadisa e Escurís. Empresas nacionais como Gallo e Cuétara tamén fixeron importantes doazóns. O valor aproximado de cada envío é duns cincuenta mil euros.

    Redacción Salnés