SALNÉS> Confirmouse o descenso matemático do Albariño Agnusdei, logo de que os mesañeses caesen na cancha do Poio Artai. Mellor lle foron as cousas ó Rasoeiro que venceu ó BM Deza con suficiencia e achégase á permanencia.
O Rasoeiro deu un paso importante de cara a acadar a súa permanencia este ano na Primeira Autonómica. Os mecos puidéronse vingar da derrota do xoves en Lalín. Ante o mesmo rival, dous días despois foron outros e pasáronos por enriba (25-18). A intensidade defensiva nada tivo que ver, de feito o Deza fíxolle 36 goles no primeiro encontro, polos 18 do sábado, xusto a metade.
O partido ben é certo que comezou cun ritmo goleador moi alto, pero a partir do minuto 15 as diferencias comezaron a ser favorables ós de Jaime García, que fóronse tres arriba ó descanso co 14 -11 que reflectía o marcador.
A clave do encontro estaría no primeiro cuarto de hora da segunda parte, cando os grovenses saíron enchufadísimos para acadar un parcial de 8-1 que elevou as diferencias ós 10 goles, algo que foi xa definitivo.
Nos últimos compases ambos conxuntos gardaron forzas a esperaron polo bociñazo final. Omar con oito e Bruno con cinco tantos, foron os máis destacdos no aspecto ofensivo. O Rasoeiro colócase quinto nesta fase e visitará a semana que ven ó Camariñas, ante o que podería certificar a súa permanencia.
Se os grovenses respiran, todo o contrario sucédelle ó Agnusdei, que caeu no pavillón de A Seca e certificou o seu descenso (26-19). Foi probablemente un dos peores partidos dos meañeses este ano: sufriron innumerables perdas de balón e non foron superiores ó seu rival en ningún aspecto do xogo, pese a que o Artai tan só gañara un partido en toda a temporada.
Consúmase así algo agardado dende hai semanas. Recibirán ó Deza a vindeira xornada xa con nada en xogo.
Redacción Salnés