O Grupo Junquera retoma o camiño da victoria

futbolsala250_230310.jpgSALNÉS> Unha de cal e outra de area para os conxuntos do Salnés na última xornada disputada. A boa nova deixounola o Grupo Junquera que goleou en Fontecarmoa ó Redondela. Mentres, o Viajes Interrías complícase a permanencia logo de perder con estrépito en Noia.

Non lle van ben as cousas ó Viajes Interrías nas últimas semanas. Se a pasada caía goleado ante un rival directo en Baltar, este sábado fixo o mesmo en Noia, por 10-2 nun partido no que os portonoveses non tiveron nunca opcións de victoria.

Ben é certo que o cadro barbanzán conta cun plantel experimentado e de calidade, pero a resistencia visitante foi máis ben escasa. No primeiro minuto xa recibiron o primeiro gol e ó descanso caían por 6-0.

Co partido decidido a segunda parte foi un mero trámite na que o ritmo decaeu bastante. Iago faría os dous tantos dos de Salgueiro que volveron a amosar a súa endebleza defensiva. Continúa a ser o conxunto que máis goles encaixa da categoría, de longo, cunha media de máis de seis por encontro.

De momento, ven o descenso a sete puntos de diferencia, pero terán que cambiar as cousas nas vindeiras semanas se é que non queren pasar problemas no tramo final.

O Grupo Junquera non pasou por demasiados problemas para desfacerse do pechacancelas da categoría, o Redondela. Os vilagarciáns impuxéronse por 9-3, con Chini e Gelabert como protagonistas, autores ambos de sendos hattricks.

Pese a que os visitantes adiantáronse no marcador ós cinco minutos, a reacción local non se fixo agardar e ó descando xa mandaban por 4-2. O encontro quedou visto para sentencia no inicio do segundo tempo con outros dous tantos máis. Na parte final do encontro os visitantes trataron de maquillar o marcador con porteiro-xogador pero o que fixeron foi dar máis facilidades.

Esta victoria deixa ó Grupo Junquera cuarto na xeral, a un punto do terceiro clasificado, á espera de desprazarse a semana que ven terras ourensáns, para enfrontarse ó Viana do Bolo.

Redacción Salnés