Rianxo acollerá un novo curso de monitor de fútbol base

RIANXO> O curso, que xa se desenvolveu anteriormente na Pobra e Boiro, está organizado pola Escola Galega de Adestradores e a Federación Galega de Fútbol, en colaboración do C.D.Unión e o propio Concello. Do 3 de outubro e o 22 de decembro, en sesións de luns e xoves, vaise desenvolver en Rianxo un curso de monitor de fútbol base, organizado pola Escola Galega de Adestradores e a Federación Galega de Fútbol, en colaboración do C.D.Unión e o propio Concello. O curso terá lugar no auditorio municipal, clases teóricas, e no campo de fútbol municipal de Vilas, a parte práctica. En total serán unhas 60 horas de formación en técnica, táctica, metodoloxía, regulamento ou psicología, áreas que serán impartidas por adestradores de Nivel III da comarca do Barbanza. Na presentación do curso tamén tomaron parte o alcalde, Adolfo Muíños, e o edil de Deportes, Joaquín Domínguez. Os dous agradeceron ó C.D. Unión a súa mediación ante a Federación Galega de Fútbol para que este curso puidera celebrarse en Rianxo, ó tempo que lembraron a aposta que fai o concello por unha formación deportiva de calidade nos clubs locais a través do Programa Deporte Base. Os interesados poderán obter máis informaión ou consultar as bases e formularios de inscrición na propia web da FGF: www.futgal.es ou no propio departamento de Deportes de Rianxo. A data límite de inscrición será o vindeiro 22 de setembro.