Gabi Leis continuará unha temporada máis no Vilalonga

leis250_090609.jpgSANXENXO> Se o venres o Céltiga confirmaba a fichaxe de Pablo Vázquez como adestrador, onte a noite, o Vilalonga facía pública a contunidade de Gabi Leis. O técnico seguirá un ano máis en San Pedro coa intención de manter ó equipo na categoría.

Cambiouse a directiva pero ésta aposta pola continuidade. Iso é o que se pode extraer da renovación do contrato de Gabi Leis como técnico do Vilalonga. Os novos mandatarios confían de novo no adestrador santiagués como o encargado de dirixir ó equipo cara a permanencia outro ano máis na Terceira.

As conversas xa comezaran a semana pasada e a intención de ambos era renovar a súa vinculación por un ano máis, como finalmente se fixo. Segundo o vicepresidente deportivo, Manuel Buezas, a intención é tamén contar con Fernando Sánchez como segundo de abordo e con Ezequiel Rey na preparación física.

Unha vez atado o adestrador agora toca facelo cos xogadores. O obxectivo é formar un plantel cun banquiño máis profundo que o ano pasado, 18 homes de calidade para non sufrir os mesmos problemas que na 2008/09 cando as lesións e as sancións convetéronse nun purgatorio para o Vilalonga.

As primeiras conversas serán cos xogadores da casa ós que lle ofrecerán á gran maioría deles a contunidade. A intención será manter ás pezas clave do ano pasado aínda que moitos deles pensaron xa nunha posible saída, dada á reducción salarial do 20% ó que serán sometidos e tamén porque moitos desexaban xa á finais da temporada pasada un cambio de aires.

Unha vez falen con todos eles buscarán reforzos fóra, comezando claro, por ver se é posible picar algo do Portonovo e do Arousa.

Por outra banda dende o club confirmaron que a Asamblea na que tomará posesión a nova directiva será ó vindeiro días 27 ás 20:00 horas.

Redacción Salnés