Fomento executará unha plataforma móbil para cruzar as vías

    vias_escardia_copia100.jpgVILAGARCÍA> Este paso temporal vai facilitar que os veciños de A Escardia crucen a vía con seguridade. A instalación vai cambiar de lugar en función das necesidades das obras.

    {flowplayer}images/salnes/VECINOS_ESCARDIA.flv{/flowplayer}

    Esta medida adóptase á espera de que finalicen as obras do paso subterráneo comprometido no seu día polo goberno central, e que se atopan paradas dende decembro. En principio a plataforma non se vai colocar nun lugar fixo, vai moverse dependendo das necesidades das obras nas vías férreas, pero sempre no entorno da pasarela que existe actualmente. Así llo comunicou o responsable de Xestión do Territorio do concello, Marcelino Abuín, a unha representación de veciños. Os afectados esperan que a plataforma se coloque o antes posible.

     De momento, non hai prazos para a súa instalación. Os veciños afirman que esta solución ven un pouco tarde xa que levan máis de 4 anos queixándose e destacan o descoñecemento das autoridades pola verdadeira situación de A Escardia.

    Unha representación veciñal vai asistir mañá ó pleno da corporación para dar a coñecer a súa situación e a súa postura a tódolos grupos políticos.

    Os afectados consideran que a solución final pasa por axilizar o paso subterráneo, que daría resposta tanto á comunicación como á seguridade cidadá no lugar.

    Redacción Salnés