Descontos do máis apetecible na Feira de Oportunidades de Cambados

CAMBADOS> Cambados prepárase para unha nova edición da súa Feira de Oportunidades. A cita vaise celebrar na ponte de agosto, entre os días 13 e 15. Preto dunha trintena de postos daranse cita no paseo da Calzada, cos seus mellores produtos e tamén con grandes descontos.

28 postos daranse cita nunha nova edición da Feira de Oportunidades de Cambados. O mercado vaise instalar, como nas edicións anteriores, no Paseo da Calzada. Abrirá as súas portas de 11 da mañá a 11 da noite os días 13, 14 e 15 deste mes.

A cita impulsada por Cambados Zona Centro conta, como sempre, coa colaboración do Concello. Dende o goberno local salientan que a feira é un gran escaparate para o comercio local. Poñen o foco tamén nos grandes descontos que ofrecen os establecementos participantes.

Ademais, logo da pandemia, tamén regresa á Feira a parte gastronómica. Correrá a cargo do Club Grand Jeté.

A cita complétase con actividades lúdicas, como un concerto de Manso e amigos o 14 de agosto no parque de Torrado. As propostas continuarán tamén o 15 e 16, xa dentro do programa das Festas de San Roque.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí