O BNG insta a Louzán a suspender a pousada de A Lanzada

    bng_pousada_copia100.jpgO GROVE> Os nacionalistas afirman que os veciños e o sector hostaleiro rexeitan o proxecto. Engaden que, en ningún momento, a Diputación interesouse pola opinión da cidadanía meca e eliminou o diálogo coas institucións locais.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_POR_POUSADA_DEPUTACION.flv{/flowplayer}

    Dende o Bloque Nacionalista sinálase que se vai prexudicar o desenvolvemento de actividades no Centro Vacacional xa que, afirman, son incompatibles co funcionamento da pousada. Faise referencia á escola obradoiro e ós campamentos de verán que se realizan nas instalacións. Os nacionalistas denuncian que é unha infraestrutura que non foi demandada, destinada a usos privados subvencionados con fondos públicos.

    O portavoz do BNG sinala que os veciños e o sector turístico están en contra da Pousada que, engaden, atende só ós intereses de membros do Partido Popular. Carlos Álvarez Besada afirma que O Grove ten unhas instalacións de calidade para cubrir todas as necesidades da demanda turística.

    O Bloque insta ó presidente provincial a dar marcha atrás ó proxecto da Pousada no Centro Vacacional.

    A Deputación recibiu preto de 11 millóns de euros dos fondos do FEDER dos que máis de 6 millóns están destinados ó proxecto pousadas xardín do Salnés.

    Redacción Salnés