Os ambulatorios do Salnés comezan a vacinación dos maiores de 80 anos con 100 pacientes por día

VILAGARCIA> A vacinación para os maiores de 80 anos tamén comezou nos concellos do Salnés. Cada centro médico citará a 100 persoas por xornada durante os vindeiros días. Os primeiros pacientes vacinados mostran a súa alegría  e agradecemento.

Os concellos do Salnés comezaron a campaña de vacinación fronte á covid 19 para as perosas maiores de 80 anos. Os centros médicos encargados de administrar as doses atenderán a 100 persoas por día durante as vindeiros semanas. A primeira xornada transcorreu sen incidencias.

Unha vez vacinados os pacientes deberán agardar 15 minutos para asegurar que a vacina non causa ningún problema. As enfermeiras sinalan que a vacina non debería causar ningún tipo de reacción.

As propias enfermeiras asegúranse de que as doses sexan administradas en perfectas condicións.

Os primeiros pacientes celebraron o primeiro paso cara a inmunidade pero son conscientes que aínda teñen que continuar mantendo as precaucións.

A primeira dose da vacina continuarán administrándose aos maiores de 80 anos durante os vindeiros días. A continuación terán que agardar 21 días para recibir a segunda e última dose. Dende o centro médico poñeranse en contacto cos pacientes para informarlles da cita cuns días de antelación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí