Os semáforos de Vilariño continúan apagados seis meses despois da súa instalación

CAMBADOS> Os veciños de Vilariño, en Cambados, reclaman a posta en funcionamento dos semáforos do cruce de Sineiro. Os elementos foron instalados pola Xunta este ano e, segundo a asociación O Batuqueiro, os trámites con Fenosa completáronse no mes de xullo. Agora, a pelota estaría no tellado do concello, responsable de facer a contratación coa compañía eléctrica.

Seis meses despois da súa instalación, os semáforos do cruce de Sineiro, na parroquia cambadesa de Vilariño, mantéñense apagados. A asociación O Batuqueiro recolleu a preocupación dos veciños.

A asociación asegura que tanto a Xunta como Fenosa remataron os trámites no mes de xullo. Agora, a pelota estaría no tellado do concello. Para O Batuqueiro, os veciños están no medio dunha “pantomima política”.

Ademais da posta en funcionamento dos semáforos, está pendente o pintado de varios pasos de peóns na estrada. O Batuqueiro explica que a Xunta non o fará nos víais da súa titularidade ata que funcionen os semáforos para evitar que a xente cruce sen estar regulado. Dende o concello, pola súa banda, xustifican precisamente nesta falta de pintado que aínda non se puxeran en marcha.

O edil de obras asegurou que o pintado xa está solicitado tanto na Deputación de Pontevedra como na Xunta de Galicia, administracións titulares das estradas que precisan desta actuación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí