CAMBADOS> Tanto Establecimientos Otero como Caixanova Cambados perderon a categoría. A única nova positiva púxoa o Lieo Casino que xogará a fase de ascenso á División de Honra.
A fin de semana deixou o peor balance posible para os conxuntos do Cambados Tenis de Mesa, cos dous equipos de categorías nacionais descendidos.
A dobre xornada que disputou o Establecimientos Otero iniciouse o sábado ante o Calella, un partido que a priori xa era moi complicado porque tratábase do líder. Liu Junhui e Adrián Vidal foron quen de puntuar pero non foi suficiente para levarse a victoria e caeron por 2-4.
O domigno era o terceiro na xeral o que visitaba San Tomé, o Figueres. O encontro foi de auténtico infarto. Desta volta Eduardo Barreiro sí puntou e Junhui fixo os outros dous tantos locais para mandar o encontro ó séptimo e definitivo partido. No dobres, Liu e Adrián Vidal cheagaron a dominar por 2 sets a 0 e 9-8 no terceiro, estiveron a un paso da salvación, pero escapouselles.
Así remata, momentaneamente esta andaina pola División de Honra Nacional na que se mantiveron dous anos e incluso xogaron unha fase de ascenso a Superdivisión.
Unha categoría por debaixo, o Caixanova Cambados correu a mesma sorte polo que volve a Segunda. A súa victoria ante o Rábade por 2-4 foi en balde xa que o resto de resultados foron desfavorables.
A xornada nefasta completouse co ascenso do Grupo Barros que non o poderá levar a cabo polos descenso dos equipos do mesmo club dende as categorías superiores.
O que sí que venceu na Primeira Nacional foi o Liceo Casino de Vilagarcía, que se impuxo ó Narón sen problemas por 0-6, o que lles permitirá loitar na fase de ascenso, que se disputa en Extremadura, e que podería levarlles a competir o vindeiro ano en División de Honra.
En Primeira Femenina o Caixa Galicia perdeu en Valladolid pero gañou en Segovia, polo que remata o ano nunha posición tranquila da xeral. Ademais, Joyería Enrique e Charol acadaron a permanencia en Primeira Galega e o Chinelas ascendeu a Segunda División Autonómica.
Redaccion Salnés