O CR Cabo de Cruz busca aumentar a súa masa social coa campaña ‘Unidos por unha mesma paixón’

BOIRO> Co obxectivo de mellorar a súa solvencia económica, para converterse nunha entidade máis autónoma, e non ter así que depender das distintas Administracións para financiarse, o Club de Remo Cabo de Cruz vén de lanzar unha campaña de captación de novos socios baixo o lema ‘Unidos por unha mesma paixón’.

Para facerse socio o trámite é do máis sinxelo…

Na actualidade o Club conta cuns 400 socios, unha cifra ridícula se a comparamos con outros equipos que compiten ó seu nivel.

Dende o Concello fan un chamamento, non só ós veciños de Boiro senón tamén ós de toda a comarca, a facerse socios do CR Cabo de Cruz para que a marea vermella siga medrando.

Segundo o alcalde, José Ramón Romero, o CR Cabo de Cruz é un modelo a seguir, que co paso dos anos cos seus éxitos se converteu nun dos grandes referentes do remo galego.

O custe do carné de trinta euros ó ano. Durante os dous meses que dure esta campaña os novos socios recibirán un pequeno agasallo.

O Club traballa tamén para premiar ós socios  máis fieis que levan xa moitos anos colaborando con eles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí