Alfageme entra no concurso de acreedores tras varias reunións

    alfageme_concurso_acreedores_copia100.jpgO SALNÉS> A conserveira entrou esta tarde no concurso de acreedores tras varias semanas de continuas reunións entre a Consellería de Industria, a familia Lago e os bancos. Ó longo desta mañá, os traballadores do grupo intentaron cobrar os salarios pendentes.

    {flowplayer}images/salnes/ALFAGEME.flv{/flowplayer}

     Pese ós nervios e a inquietude dos últimos meses os traballadores nunca deixaron de loitar. E esta mañá volveron reclamar o que se lles debía. Así, aproveitaron a visita do director de fabricación para utilizalo como mediador ante a familia Lago, propietaria do grupo. Estivo retido na fábrica de Ribadumia ata que lles expuxera as súas reclamacións. Este acto veu motivado porque se tivo constancia de entrada de cartos nas arcas da empresa.

    Dende a CIG, creen que houbo moita pasividade por parte da Consellería de Industria á hora de buscar unha solución para Alfageme. Por iso, solicitaron unha reunión urxente para que a Xunta explique as actuacións que estivo a levar a cabo durante os diferentes encontros co IGAPE, a familia Lago e as entidades financeiras.

    Rosa Abuín afirmou que, agora que a conserveira se atopa no concurso de acreedores, é necesario ir da man coa Consellería para lograr vender a empresa conservando o maior número de empregos posible. Un camiño ó que tamén se une o sindicato Comisións Obreiras.

     Os taballadores están desesperados, xa que agora lles é imposible cobrar o que se lles adeuda e o medo a perdelo emprego. A única esperanza que queda, son as empresas interesadas no grupo que poderían acceder á conserveira con algunha que outra complicación.

     Redacción Salnés